Parón no centro de saúde

Este evento terminou

As/Os profesionais dos centros de saúde están a levar a cabo unha campaña contra os recortes que sofre a atención primaria. No centro de saúde de Cedeira a acción consiste en dous paróns de cinco minutos todos os luns ás 12.00 horas e ás 18.00 horas.

A convocatoria promovida polos/as traballadores/as dos centros de atención primaria é aberta a toda a poboación en defensa dunha mellor atención primaria.