Teatro adultos – “Lolo e mamá”

Ás 20.00 horas no Auditorio municipal, Ste Xeito Producións presentan a obra “Lolo e mamá”.

Loló e Mamá fai ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e, sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre filo: canto máis se ama, máis se sufre.

Entrada: 2,50 euros.