As persoas que desexen facer unha ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos deberán solicitar autorización no Concello de Cedeira seguindo os trámites que se detallan a continuación:
OCUPACIÓN VÍA PÚBLICA
- Número de mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos.
- Metros cadrados de ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal.
- Datas para as que solicita a ocupación da vía.
- Outra información que se considere de interese.
Pódese descargar a solicitude na seguinte ligazón:
As tarifas aplicables son as seguintes:
- Por mesas, cadeiras, tribunas, taboados, mostradores e outros elementos análogos:
- De unha a tres: 40,00 € cuadrimestrais por unidade.
- De catro a vinte: 15,00 € cuadrimestrais por unidade.
- Máis de vinte: 12,00 € cuadrimestrais po unidade.
- Por ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal: 40,00 € cuadrimestrais por metro cadrado.
Na seguinte ligazón pódese descargar o modelo de autoliquidación para esta taxa. Pódese encher e imprimir.
VER PDF Autoliquidación solicitude terrazas
Datos para o cálculo:
a) Para o cómputo de número de mesas, considerarase o número de prazas de asento divididas entre catro.
b) No caso de mostradores, considerarase equivalente a unha mesa por cada dous metros lineais (ou fracción) de mostrador.
c) No caso de ocupación de espazos na calzada ou zonas non peonís de titularidade municipal, o importe inclúe a ocupación polas mesas asentadas no espazo.
Pode consultar o texto íntegro da ordenanza fiscal que regula este trámite na seguinte ligazón:
VER PDF Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa
O aboamento do importe da autoliquidación, pódese facer en calquera das seguintes contas:
BBVA: ES70 0182 0622 4100 0000 0055
La Caixa: ES37 2100 4936 5822 0000 4470
Abanca: ES15 2080 5196 2931 1000 0027
Banco Pastor: ES57 0238 8151 9006 6000 0271
Banco Sabadell Gallego: ES57 0081 2238 4100 0100 0705
O texto do xustificante de ingreso da autoliquidación (concepto), debe incluír a seguinte información:
Código 33500 + (DNI da persoa solicitante da licenza)
Unha vez entregada a documentación necesaria, o Concello de Cedeira ten un prazo máximo dun mes para comunicar a concesión ou denegación da licenza de ocupación solicitada.